Seleccionar página

Co inicio de curso na universidade, o colexio ou mesmo o traballo, moitos de nós expómonos a ter que renovar o noso portátil, para estudar, traballar ou simplemente como parte importante do noso lecer, incluíndo os xogos na casa, ver unha película ou unha serie online.

Agora ben, escoller o portátil máis axeitado non é algo sinxelo. Toma nota dos consellos, recomendacións ou aspectos a ter en conta á hora de elixir o portátil en función do teu orzamento, e ao final do artigo mostrarémosche as solucións en portátiles que temos na nosa tenda que mellor se adapten ás túas necesidades.

Que ter en conta antes de elixir portátil segundo o noso orzamento

O orzamento é unha das bases que sosteñen gran parte da decisión de elixir un portátil ou outro. Aínda que nunca debemos esquecernos que o uso  que lle queremos dar a ese equipo novo é outro elemento crave á hora de elixir un portátil, e en moitos casos máis determinante, aínda que ao final o diñeiro que poidamos gastar vai facernos tomar a última decisión.

Á hora de comprar un portátil en que especificacións podemos reducir prestacións para axustar máis o orzamento?

A combinación de prestacións e bo prezo é case imposible, e o normal será ir sacrificando determinados aspectos en función do diñeiro que queiramos gastar, así como do tipo de equipo que queiramos comprar. Deste xeito, aínda que hai aspectos onde non recomendamos rebaixar demasiado as esixencias, escoller un modelo con máis pantalla, máis lixeiro ou especificacións máis destacadas vai depender do uso que lle queiramos dar a ese equipo.

Lixeireza e autonomía

Se o portátil que queres comprar vai ter un uso fóra da casa bastante intensivo, é imprescindible que reúna condicións de pouco peso e batería con boa autonomía. Polo que, esquécete de grandes diagonais e por normal xeral de prezos máis baratos.

Os ultrabooks, categoría na que encaixarían estes equipos, sacrifican rendemento, resolución da pantalla ou capacidade de almacenamento se non dispoñemos dun orzamento avultado e queremos conseguir pouco peso e longa autonomía. O habitual é que estes equipos usen unidades SSD pero non de excesiva capacidade sen que o prezo se eleve bastante. Con eles, ademais dun mellor desenvolvemento, conseguimos un funcionamento silencioso, menor consumo e pouco peso.

Aínda que nos ofreza menos capacidade de almacenamento, a unidade SSD nun portátil que queremos que sexa lixeiro e con boa batería é imprescindible e non deberiamos recortar prestacións nese apartado do equipo

Podemos caer na tentación de escoller un ultrabook de menos prezo que non conte con unidade SSD, pero sería un erro. É máis acertado reducir orzamento noutros apartados dese mesmo equipo pero non en contar cunha unidade  SSD.

Outra maneira de abaratar o custo dun portátil é cos materiais. Os equipos máis lixeiros ou de coidada estética recorren a materiais como a fibra de carbono ou aliaxes lixeiras de metal como a de magnesio, unha das máis usadas. Se non é a túa principal preocupación, podes optar por deseños menos estilizados e onde o plástico siga sendo o material usado. Pero ten en conta que a refrixeración, sobre todo en equipos que non contan con ventiladores, será menos eficiente nos equipos con deseño baseado no plástico.

Non hai que esquecerse tampouco da conectividade, especialmente hoxe en día. Conseguir portátiles máis lixeiros e delgados levou a reducir o número e tipo de portos, así que a necesitade de varios portos  USB ou mesmo de  conectores específicos como portos  HDMI ou  DisplayPort, require dunha procura máis precisa para non botalos de menos máis adiante.

Tamaño e resolución de pantalla

Entre os portátiles máis baratos é cada vez máis frecuente atopar modelos con diagonal bastante reducida, por baixo de 12 polgadas. Se lle unimos que a resolución e calidade da pantalla non adoita ser o seu punto forte, o resultado sería un equipo cómodo de transportar pero co que non poderiamos traballar moito tempo debido a esas limitacións da pantalla. Salvo que o uso vaia a ser moi esporádico, non sacrifiques tanto nin en tamaño de pantalla nin en resolución da mesma. Ou polo menos axusta esa relación na mellor proporción posible.

Optar por pantallas máis reducidas ten sentido en equipos convertibles, onde retirando o teclado ou virando a pantalla, imos poder usar o equipo como  tablet se ademais dispón de tecnoloxía táctil na pantalla. Este “extra” pode elevar o prezo do equipo, así que asegúrate de que o usarás. Se a pantalla é moi grande ou o equipo pesa moito, pode converterse nesa funcionalidade pola que pagaches máis diñeiro e nunca a aproveites.

Se o portátil que buscamos é para xogar así como para editar vídeos ou fotografía, ou onde queiramos dispoñer de moita información na pantalla, ademais do procesador, memoria RAM ou un bo SSD, hai que optar por modelos con pantalla de polo menos 1080p de resolución e unha diagonal que faga cómodo o seu uso durante longas sesións, así que polo menos debe ofrecernos 15 polgadas.

Tampouco esquezas nunca probar tanto touchpad como teclado no teu futuro portátil se tes a oportunidade de facelo. Se non che convence o teclado, por exemplo, e necesitas escribir moito, é mellor buscar alternativas que aínda que sexan máis caras, que ofrezan un mellor percorrido e calidade na construción. E se pensas usalo pola noite ou con pouca luz, que sexa un teclado retroiluminado é clave.

Potencia e memoria RAM

Cando se trata de escoller portátil, os números relacionados coas capacidades do procesador, a tarxeta gráfica, o disco duro ou a cantidade de memoria RAM tendemos a querer que sexan o máis grandes posible. E con iso increméntase habitualmente o prezo.

En equipos de uso doméstico ou para ofimática, a tarxeta gráfica é un elemento que podemos obviar cos últimos procesadores do mercado, que contan con mellores solucións gráficas integradas, nalgúns casos igualando o rendemento das gráficas dedicadas máis básicas. Se a pesar de todo necesitas que o portátil integre unha solución dedicada, escolle ben a gama que realmente necesitas segundo o uso e poderás aforrar bastante. Habitualmente as gráficas de gama alta ou máis rendemento non ofrecen a mellor relación calidade-prezo.

Sobre procesadores e memoria RAM, en equipos non específicos como para xogar ou edición de vídeo / fotografa, cremos que sería mellor primar o segundo se temos que axustar o orzamento, pois notarémolo máis no día a día. Por norma xeral é preferible combinar un procesador medio con máis RAM, por exemplo 8 GB mínimo, que optar por un procesador de gama alta pero acompañado de pouca memoria, algo que ocorre nalgunhas ofertas moi  tentadoras do mercado.

Portátiles da nosa tenda

Portátiles ata 400€

Portátiles de 400€ a 800€

Portátiles de máis de 800€