Seleccionar página

Neste artigo ímosche a ensinar como cambiar o idioma de Windows 10 para poñelo en galego. Unha vez o fagas, o sistema operativo traducirase automaticamente, e todas as aplicacións que o soporten e estean traducidas cambiarán tamén de forma automática.

Historicamente, cambiar o idioma de Windows sempre foi bastante complicado, tendo que instalar paquetes independentes e demais. Pero en Windows 10 o proceso simplificouse de forma significativa, de maneira que só terás que entrar no menú de opcións e facer un par de clics como che vamos mostrar a continuación.

Paso a paso: Poñer Windows 10 en Galego

  1. O primeiro que tes que facer é entrar no menú Configuración de Windows 10. Para iso abre o menú de inicio, e na columna da esquerda pulsa sobre o botón da roda dentada, como podes ver na seguinte imaxe. O mesmo botón pódelo atopar tamén se abres o panel de notificacións, na esquina dereita abaixo.

paso-a-paso-poñer-windows-10-galego

 

  1. No menú Configuración de Windows verás varias opcións. Navega por el, e pulsa sobre a opción “Hora e idioma” que atoparás entre “Cuentas” e “Juegos”. Ten a icona dun reloxo con dúas letras.

pasar-windows-10-en-galego-paso-2

 

  1. Unha vez esteas no menú de “Hora e Idioma”, na columna da esquerda pulsa sobre a opción “Región e idioma” (paso 1) para acceder ás opcións específicas. Logo, baixa ata a sección “Idiomas Preferidos”, e nela pulsa sobre “Agregar un idioma” (paso 2).

pasar-windows-10-en-galego-paso-3

 

  1. Despois de darlle ó botón, apareceranos unha lista con todos os idiomas que podemos agregar, baixamos ata topar o galego, ou ben podémolo encontrar usando a barra buscador na parte superior. Unha vez o localicemos, marcámolo e dámoslle ao botón “Siguiente” que nos aparece na parte inferior.

pasar-windows-10-en-galego-paso-4

 

  1. A continuación, sairá unha pantalla como a que vemos, que nos permitirá establecer o idioma seleccionado, neste caso o galego, como o idioma no que se mostre Windows e ademais instalará a escritura a man. Prememos “Instalar”.

pasar-windows-10-en-galego-paso-5

 

  1. Como verás a instalación levarase a cabo en poucos segundos. Finalmente, para que os cambios que vimos de facer teñan efecto no noso equipo teremos que reiniciar o ordenador e… listo! Windows 10 e o resto de aplicacións do sistema arrincarán en galego a próxima vez!

pasar-windows-10-en-galego-paso-6

 

Por último, se por calquera motivo desexas eliminar algún dos idiomas instalados na túa computadora tamén o podes facer sinxelamente. Para iso, pulsa sobre o idioma que queiras eliminar, e cando che aparezan as opcións xusto debaixo pulsa sobre o botón “Eliminar” para suprimilo.

eliminar-idioma-windows-10